Cuéntame un Cuento...

Porque unha historia é unha narración oral ou escrita na que se conta unha historia verdadeira ou ficticia do que sentes, do que pensas nese momento que a imaxinación voa todos os días na túa cabeza ... Por iso quero que me digas un Conto ... todos os días, cada semana, cada hora ..

sábado, 11 de enero de 2014

FINISTERRAE

                                

                                   FINISTERRAE


Érase  unha vez un pobo tan, tan fermoso que explicalo con palabras case non sei. 
Ficaba  tan lonxe, que a maioría da xente dicía que o fin da terra era. 
Rodeábao o mar por todas partes agás por unha.
 Era bravo, terrible. 
De cando en vez devoraba a máis  de catro persoas que  se portaban mal con Deus. Aínda así, todo o mundo quería ir alí. 
Onde  o mar se xuntaba co ceo éste se unía co sol ao chegar a tardiña.
Finisterrae era o nome do pobo de  Ximena, princesa de Castela, protagonista desta historia, que eu como trobador que son, hoxe vos quero relatar:
 De castelo en castelo ando errante desde ben mozo. 
Historias escoito de amor e desamor, de aventuras, infortunios... Bechos raros;
 sen resolver algúns misterios…
 Dragóns  enormes con bocas cheas de lume que loitan con cabaleiros indestrutibles…
 A historia que hoxe aquí conto, data de hai moitos anos, reinando Felisardo de Castela.
 Finisterrae era un pobo moi visitado por todo o mundo.
Viña xente de todos os lugares:portugueses, peregrinos ingleses... Non solo polo bonito que era, senón pola riqueza do seu mar en peixes.
 Por iso tiña unha boa flota de barcos pesqueiros. Así o rei de Castela  a vivir aquí viñera  para  todos os cartos manexar e dar contas o clero.
Así, a pobre e desdichada Ximena, filla do Rei, foi como se namorou dun valoroso,humilde e pobre mariñeiro chamado Cúspulo.
 Aínda que  o seu destino non era máis que casarse cun cruel e ruín cabaleiro coñecido como Tiburcio de Ourense.
    Cúspulo, o outro gran protagonista da nosa historia,  non era un pobre mariñeiro como pensaba  todo o mundo  na vila.
 Era todo un poeta, que ademais soñaba ser un gran cabaleiro, e loitar cos Irmandiños algún día.
 Tiña un sitio agochado onde compoñía os seus versos e  practicaba a súa loita ca espada.
  Ás veces levaba algunha doncela  que caía nos seus brazos. Pero ningunha o namorara tanto como Ximena. 
Ademais a ela atopáraa alí, no seu recuncho, chorando nunha mañá  de temporal na que él non poidera ir navegar:
-¿Qué vos pasa, fermosa doncela. ¿Por qué chorades? Preguntoulle Cúspulo. 
-Sen rumbo navego por este Mar que á morte me leva.  Contestoulle Ximena, con gran
melancolía. 
Esas foran as súas primeiras verbas .Sen saber que eran o principio do fin.
 Dun gran amor que comezou cunhas bágoas. Despois levaríanos a paixón ,seguido da luxuria e
 finalmente  o escándalo dun  gran amor imposible.
O recuncho que tiñan os namorados, chamábase O Berrón.  Era un sitio moi xeitosiño.Había unha rocha grande onde se vía como o mar batía nela, unha e outra vez.Semellaba que lle estaba dando bicos. Esa rocha tiña  forma de un lagarto xigante, víase como unha cabeza
e unhas  patas. Era incrible. ¡Era fascinante!
Esperando estaba Cúspulo por Ximena mentras compoñía este soneto:            

 Mariñeiro son, e navego sen brazos,            
sen esperanza, sen rumbo xa ando 
agardando nun niño sen engano,
con tormento vivo sen os teus beizos.

 Dos teus fermosos cabelos me lembro;  
cas miñas pobres mans pouco a pouco            
palpo o teu fermoso  corpo tan louco;            
e cas miñas mans bícote un ombro.
         
  Este amor imposible vaime matar, 
sen ela un desgraciado sempre serei;
navío non teño, Rei non podo ser.

 Por amor malpocado vou afogar,
 ¡ai!, a miña vida por ela darei,
 o remate da  lúa hai que morrer.
     
     
     Cando  Ximena ao seu carón chegou, tiña cara  triste e comezou  chorar igual que cando
 a vira por vez primeira. Pero aquela  fóra porque o pai a obrigábaa a casar con Tiburcio
de Ourense.
 Aínda  que súa irmá, Erfelita, que non era moi agraciada , cativa, e sen graza;ofrecérase  a casar con el.
  As bágoas de Ximena,  polo mesmo volvían ser.
Cando Tiburcio chegou e viu a súa prometida, a Erfelita,  negouse con ela casar.
Non pasa nada,   Felisardo dixo.  Farase a  voda , coma  previsto estaba:
No mes de  Marzo e ca princesa  Ximena.
 Aló o fondo, nuns banquetes onde  sentadas todas as mulleres da familia colocadas estaban,
unha das fillas do Rei desmaiouse e a outra  chorando marchou.
  -¡Fuxiremos!, dixo Cúspulo, cando ela  o sucedido lle contou.
-¿Adonde, meu señor, non pode ser, non ves que o exército do meu pai seguiranose matándovos  acabará?
 -Antes morto, que vivir sen vos señora miña. 
Sen os vosos  beizos. Enfermo de amor ando.
Quérovos.  Namorado de vos estou . Sen vos xa non sabería vivir.
Penso na súa boca, como me fala, o fermosa que é cando me fai rir. Nos seus ollos, azuis, coma o mar que me leva e me trae todos os días.
 O que ollamos os dous cando estamos neste recuncho tan fermoso cando nos amamos.
Non quero pechar os  ollos se  non  vos van ver máis; nin quero xuntar as miñas mans senque as nosas xa non estean dentro delas.
 Non quero abrazarvos e que non esteades comigo dentro Ximena. 
Se non vos podo ter, eu mátome aquí mesmo.
 - ¿Que di ,meu señor?
- Sodes o meu Sol, a miña Lúa, a quen eu máis adoro.
 ¿Se vos ides? ¿Adonde iría eu?  
Vagaría sen rumbo toda a miña vida coma un navío sen destino. 
Antes de coñecervos pasaba noites escuras e longas sen sentido.
 Agora todo cambiou.
 Vos sodes a luz que alumea a miña vida. Sen vos nada son. É o meu destino.
 -Pois daquela o meu destino debe ser este Ximena: morrer por vos.
 -¡Non, por Deus, Cúspulo!
 O namorado, con moito pesar , cunha última mirada á muller da súa vida e cunha bágoa de
tristeza na súa meixela, fixo o amago de tirarse polo barranco do  recuncho no que tanto tempo estivera ca súa amada…
 Cando de repente Ximena gritou e dixo :
 –¡Espera! que vou con vos.  Quero cambiar ese destino. 
 Xa que non puido vivir con vos ,  morrer si podo.
 Así que os dous uniron as súas  mans, e esta vez sí, con bágoas, pero de ledicia, déronse un
gran bico e… 
Tiráronse ó bacío polo acantilado… 
  Así acaba a miña historia de dous amantes que non puideron loitar co seu amor nunha
sociedade de donas e cabaleiros , de cartos e peixes, que afogaron nun mar de rochas sen fin,sen esperanza.
                                                FIN
       

            Chelo do Xastre

No hay comentarios:

Publicar un comentario