AS CASELAS
Corría o ano 1983, onde todo o mundo estábase adaptando os cambios sociais. Un ano no que xa
sobrevivían uns veciños dunha
pequena pero grande aldea coñecida como
As Caselas.
Ese día Rosalina e maila súa irmá , a pequena
Verita , ían coa súa nai a casa da súa
tía que vivían a poucos metros. As
cativas sempre xogaban cos seus curmáns
case roldaban os catro a mesma idade. As maiores falaban das súas
cousas, de cómo irían as patacas ese ano, ou como lle ía a veciña co marido:
-
Seica lle dou uns paus a noite pasada, comentou Orlinda.
-
“Miña pobre” … xa nunca
debeu casar con el , contestou Ermila.
De volta , as nenas ían emocionadas
polos regalos. Sempre lle pasaba ese día.
-
Mamá, ¿ traeranme os
reis a boneca que lle pedín? , preguntou Rosalina.
-
¿ A min o corrícoche que quero?, por favor ¡oxalá !, suplicaba Verita .
Cando ían chegando a casa, despois de
pasar dúas ou tres dos veciños , Ermila ( súa nai), máis elas , divisaron ao
lonxe unha señora vestida toda de negro
cun pano na cabeza moi familiar para as nenas, que por suposto, sempre aparecía
por alí ese día, preto da casa. Era Elvecia, a avoa. Unha muller alta , morena, de ollos azuis. Fría, dura, esixente. Quizais porque tivo unha infancia moi difícil e non
quixo que os seus fillos o pasaran mal como o pasou ela; cousa que conseguiu. Non
era unha aboa cariñosa, das que te levan ao parque, ou te contan mil
historias. Aínda que a pequena Verita
non se lembre, Rosalina acórdase perfectamente : Era a única avoa que
“facía” de Rei Mago. A que viña correndo da súa casa misteriosamente e lles dicía berrando:
-¡Xa chegaron os
Reis!
As rapazas, nese momento non se daban
conta. Súa nai mantivo moitos anos esa ilusión, coa súa avoa de cómplice.
Esa
noite as nenas non eran capaces de durmir. Os Reis cumpriran o seu
obxectivo, trouxéranlle o que elas lle pediran.
¡Ou non!
Porque a pequecha Rosalina sempre
ía máis aló nos seus pensamentos e ela pedira algunha outra cousa… Por iso a
testa andáballe a dar voltas e voltas …Un
dos desexos que nunca lle concedían os reis era
que seu pai estivera polo
Nadal. Como navegaba, pois nunca podía
vir. O outro este ano tiña que pasar. Era cuestión de horas. Pola mañá collería
a súa irmá e irían o pozo dos desexos , que estaba na casa vella onde vivira de
pequena a súa nai .
-
¡Esperta , Verita!, que
xa cantou o galo, díxolle entusiasmada á súa irmá.
-
¿Que queres? , se é moi cedo , ¿adonde me levas?, protestou a
nena máis pequena, cos ollos aínda medio pechados .
Rosalina agarrou a súa irmá por un brazo
, vestiuna rapidamente cun vestido azul que tiña igual co dela. Puxeron cadanseu abrigo e escaparon pola xanela da súa habitación.
-Corre, bule, que xa queda pouco
para que acabe a noite, dixo Rosalina.
-Xa vou, non podo máis, non ves que son pequeniña, ¡agarda por min!, non
me deixes soa, suplicou Verita.
Faltaban apenas uns minutos para que se
cerrara o pozo da casa vella, coma sempre, na noite de Reis.Xa lles pasara outros anos, este tiña
que ser diferente. Hoxe tiñan que chegar
a tempo. As raparigas corrían sen mirar atrás. Ía moito frío. Eran case as seis
da mañá. Xeaba. Ao chegar á casa a porta estaba pechada. As cativas non sabían
que facer. A pobre de Verita tiña as
manciñas da cor das tellas que caían no chan co vento … Mirou a súa irmá e
dixo:
-Teño moito frío, vamos para a casa.
Rosalina, lembrou que súa tía Orlinda
gardaba a chave nun bote a carón da fiestra que antes daba á corte .
Apresurouse a collela . Faltaban dous minutos para que se pechara o pozo. A
chave era grande, máis que as mans da nena. Incluso pesaba, e estaba mollada
pola choiva que tamén caerá esa noite .
Rosalina agarrouna cas dúas mans. Intentouna meter polo burato dunha porta que
ata hoxe nunca lle parecera tan grande. Caeulle. Volveuna a coller. Volveulle
caer. Verita empezou a chorar.
-¡ Xa tardaba!. Pensou para os seus adentros Rosalina.
Quedaba un minuto. Empezaba a poñerse
nerviosa, abofé que tiña que conseguilo.
-¡Entrou!, ¡ a chave entrou! Berrou Rosalina.
Correu para dentro dirixíndose ao pozo que estaba despois de onde antergo atopábase a cociña, nunha porta que vai dar á horta. Abriu
a porta do pozo… e cando se dirixía a
saltar…
-¿Pero onde vai miña irmá?: ¡Verita!, ¡Verita!. Berraba con forza
Rosalina.
Faltaban uns poucos segundos e a outra nena non aparecía por ningún lado.
-Non pode ser, tanto tempo esperando…, dicía con rabia a cativa.
Rosalina saíu para fóra e viu a súa irmá
sentada chorando. Agarrouna como se a vida se lle fose no intento. Levouna
correndo para a horta .Como puido puxo a súa irmá primeiro dentro do pozo e despois foi ela . Sen saber
nin imaxinar o que ían encontrar ao
outro lado.
-
Rosalina, ¡axúdame!, ¿onde estamos?, ¡abre os ollos!
Verita atopábase nun sitio que
descoñecía . Sen embargo xa estivera alí outras veces, non había moitas horas. Cos cinco anos recen
cumpridos que tiña, aínda non comprendía
certas cousas e moito menos onde se atopaba. Nin sequera lembraba como chegara
ata alí. Só sabía que viñera ca súa irmá,que a estaba levando a algunha aventura
das súas, coma sempre, sen saber como acabaría a historia.
-Meu
Deus, ¿pero isto que é?, ¿cómo pode ser? , dixo abraiada a maior das irmás, que
espertaba do desmaio que sufrira pola caída no pozo.
Non o podía imaxinar, estaba no mesmo sitio
pero moitos anos antes. Mirou ao fronte da porta da horta que daba á cociña .
Ao fondo penduraba un almanaque enriba da mesa do ano 1963. O
reloxo de péndulo marcaba xa ás oito da mañá e comezou a soar: un, dous, tres…
Así ata as veces que a pequena Verita
tiraba do vestido de Rosalina ollando cara unha fiestra que había na parte de
arriba. Un neno miraba asustado que
berraba :
-¡Aboa,
Mamá lina!, hai dúas forasteiras na horta!
A nena pequena non paraba de chorar
porque o cativo seguía berrando e chamando polas dúas mulleres sen descanso:
-¡Mamá
lina, as rapazas seguen aí . Unha non para de chorar, bule, corre!
De repente, pola porta da horta asomou
unha muller alta ,morena, cos ollos azuis.
-¡Era incrible!,
non podía ser. Pensaron as rapazas.
Rosalina non daba crédito ao que estaba
vendo diante dos seus ollos. Era Elvecia, a súa avoa, aínda que máis nova, pero
seguía igual que sempre, ¡rosmona!:
-A
vos que se vos perdeu aquí rapazas, ¿por onde entrastes?¿de quen demo sodes?
As nenas non sabían que dicir. Rosalina
quería explicarlle. Quería dicirlle:
-Avoa,
somos nós, as túa netas, ¿non nos
recoñeces ?
Iso
non podía ser, ela non o entendería. Nese tempo elas aínda non naceran. Unhas rapazas tan pequenas non podían explicar algo así. A ela, súa nai
contáralle moitas veces que súa avoa era moi solidaria ca xente pobre que viña
pola casa a pedir comida. Malo sería que non as acollera por uns días que
estiveran por alí.
-¿Qué
pasa aí fóra Elvecia?, oíuse unha voz dentro na cociña.
A avoa colleu as dúas nenas para dentro e sentounas
en dúas cadeiras de madeira grandes que
había na beira da mesa. Noutra estaba sentada unha velliña pequena toda vestida
de negro e cun pano na cabeza que Rosalina e Verita coñecían moi ben e que xa
habían moito tempo que non vían, polo que foron correndo contra ela e déronlle
un gran abrazo.
-
¿Coñécelas , Sra. Lina?
, preguntoulle Elvecia a súa sogra.
-
Creo que sei quen son,
ou quen han de ser. Van quedar aquí uns poucos días.
A Sra. Lina era nin máis ni menos a bisavoa das nenas. Non a viran moitas veces,
de feito non tiñan moitos recordos con ela. Súa nai sempre lle contou moitas
cousas dela porque foi sempre unha muller moi valente, moi alegre e moi
optimista pese as moitas desgrazas que rodearon a súa vida. Ela sempre tiraba
para diante. Cando viu a Rosalina e a Verita, recoñeceunas ao momento. De feito
a Rosalina puxéranlle o nome da outra avoa aínda que tamén coincidía co dela. Todo o mundo lle chamou sempre : Mamá Lina.
Leite con pan, era o que lle puxo
Elvecia as nenas en dúas cuncas de barro enriba da mesa para almorzar. Verita
rosmou un pouco, era normal. Non era moi comedora. Rosalina bebeu todo o leite
e comeu todo o cacho de pan que lle dera a súa avoa sen respirar ,tiña moita fame, fora unha noite bastante
longa e o seu bandullo xa rosmaba. A velliña púxolle un pouquiño de leite máis
sen que a vira Elvecia, porque eran moitos nesa casa e había que repartir. A
nena agradeceullo cunha risa pícara. Oíuse un ruído de escadas coma se as baixasen moi rápido e correndo.
-Aí ven ese
pequeno demo, xa me tardaba, dixo Mamá Lina.
Asomou na cociña, aparte dun par de
galiñas, que ían recollendo as migas de pan e cas que estaba xogando a pequena Verita,un cativo duns oito
ou nove anos, cun pantalón curto, xersei de pico e camisa branca, mal peiteado . Rosalina supuxo que era seu curmán, o máis maior, que quedou
ca avoa ata que súa tía Narcisa o levou para
Alemaña, pois ela emigrou alí. A avoa colleu
a Gildo polo pescozo e púxoo cara a
bañeira de auga recen collida do pozo que tiña alí nun curruncho . Fregoulle as orellas e peiteoulle o cabelo . O
pobre rapaz ouveaba:
-Avoíña, avoíña, polo que máis queira, está moi fría,
¡ai meu deus…! ¡Pare!
Na cociña todos escachamos a rir. Foron
baixando pouco a pouco. O avó que chegaba de muxilas vacas, e amañar o resto de
animais que alí había; a tía Orlinda, a tía Fidelina, que é a que hoxe en día
está na Cidade. Aínda a que esperaban
impacientes, por suposto, era a súa nai. Ermila apareceu pola porta cantando. Tiña
doce anos, pronto cumpriría trece, era xa case toda unha muller, moi delgada , pelo longo, morena, ollos verdes , con un
vestido moi curto, de cadros. Elas ollárona
moi emocionadas.
-¿Estas
rapazas aquí?, preguntou ela.
-Van
pasar uns días , dixo unha das vellas.
Seguindo a tradición de Reis, foron
todos para á misa. Hoxe era o día que había que darlle o bico o neno Xesús. As
nenas foron con todos por eses camiños de barro o que non estaban acostumadas .
As súas tías axudábanlle. Levaban as dúas pola man ,xogaban con elas. Pasaron
un día inesquecible . Á tardiña, coma non había televisión, escoitaron a radio.
Poñían unha radionovela, era moi divertida. Para as nenas era todo un
descubrimento. Mamá Lina prendeu a cociña de leña e puxo unhas castañas enriba , que pola tarde colleran os nenos na árbore
que aínda hoxe en día se conserva. Esa
froita sabía moito mellor ese día que calquera outro cando as facía súa nai .
Contaron cousa s de medo, de vellas, de
bruxas, contos de meigas… Verita quedou
durmida nos brazos de Mamá Lina , Rosalina subiu con ela. As dúas quixeron durmir
con Ermila. Pola mañá tiveron que ir á escola. As irmás maiores xa remataran,
posto que solo ían ata os trece anos. Así que,
as nenas , Gildo e Ermila remataron cadansúa cunca de leite e foron para
aló. Tiveron que ir camiñando polo monte;
o camiño estaba cheo de pedras e de toxos. A Verita facíaselle moi difícil a
camiñada, non estaba acostumada. Ademais
a escola estaba na outra aldea que era todo costa arriba. O seu curmán tiraba
por ela coma se dun carro de vacas se tratara, para el era un xogo. Na clase
eran sesenta e tres nenos, aínda que non estaban todos sempre. Faltaban moitos rapaces porque tiñan que ir ó mar
ou traballar nas terras. Se había mal
tempo viñan. Antes había que comer. As
familias eran moi grandes e había que alimentar moitas bocas. Escribían
nunha pizarra cun pizarrillo . Tiñan só tres libros que
correspondían a tres grados . Estaban todos xuntos no mesmo sitio. Cando chegaban rezaban unhas oracións. Unha foto de Franco e un mapa de España ocupaban a estancia .
A hora do recreo quentaban auga
nunha pota grande e quecían leite en pó. Despois ían xogar o cadro, a churra , a roda, na que cantaban:
-…“ Rueda, rueda
, rueda, de pan y canela, dame un chavo para ir a la escuela . Río verde, río verde
, río de tantos colores, tantos como el Arco Iris tiene, así son los mis amores. Que salga la
dama, la dama a bailar, que salga la dama la he de encamelar, camelar la encamelo yo. Que
salga la dama, la dama soy yo… “
Normalmente, cando marchaban, rezaban as mesmas oracións
que cando entraban, pero hoxe, como era Venres, tocáballe o Rosario, que duraba
unha hora , polo que sempre chegaban
máis tarde para comer. Ermila rabiaba sempre ese día. As tripas pensaban
xa no cacho de pan de millo que Mamá Lina
estaba quecendo na cociña de leña. A ela nunca lle gustara moito a escola, soamente
lle quedaba ese curso . Cando chegaron
xa estaban esperando as donas da casa ca comida preparada na mesa
para que as rapazas non pasaran fame. O seu avó pescara unha boa robaliza e
fixeran unha caldeirada para todos. As nenas estaban moi cansas, foron cedo
para a cama. Foi un día longo.De volta
da escola chovera e como daquela
non había paraugas tiveran que taparse co abrigo.Estaban todas molladas. Mañá
esperáballe un día grande. Finalmente o desexo de Rosalina íase cumprir.
Cando
espertaron correron polas escadas os
tres rapaces directamente á cociña, onde os estaba esperando ca” bañeira
infernal ( coma lle chamaba o pequeno Gildo),a avoa Elvecia. ¡Como choraba Verita!… Rosalina xa
estaba acostumada, a ela xa lle tiña pasado máis dunha vez noutro tempo tamén.
Agora o que se ría delas era o rapaz. Ao chegar as maiores, foron coller as verduras ,
puxéronas nas cestas; fixeron un nós cun pano e puxéronos nas cabezas e as cestas
enriba. Dirixíronse ó pobo que era onde ían facer o troque co peixe, cas
mulleres dos mariñeiros. Esta vez levaron as rapazas con elas. Rosalina ía moi
nerviosa . Sabía que podía ser o día en que podía coñecela por fin. Pasaron
pola panadería de Nicasio, polo bar das Estrelas, que para nada tiña que ver co
que Rosalina lembraba. Ía moita xente. O bar da Améndoa tamén estaba, era onde
o avó ía xogar a partida moitos días.
Para ir ao pobo foron pola praia. Había moitas mulleres collendo marisco
na area. Estaba todo moi cambiado a como o lembraban as nenas.Non había as
casas que elas coñecían, todo eran casas de pedras con tellados vellos. Había
moita xente pobre pedindo ,con nenos mortos de fame. Sen ter nin un cacho de
pan que levar á boca. As familias eran
moi grandes, con moitos fillos. Nas habitacións durmían catro ou cinco en dúas
camas. A casa de Ermila era moi boa: tiñan terras, criaban animais,por iso comían todos os días. Non todas eran así.
Baixando a costa que ía para o múelle,
viña un arrecendo a luras…Era un restaurante que aínda segue,do que lles ten falado tanto súa nai.
-Se
vendemos algunha verdura, de volta
collemos uns bocadillos, dixo Ermila.
A Rosalina, fíxoselle a boca auga, co
que lle gustaba a ela comer …
Nada máis dobraron a esquina, ao lonxe víase o embarcadoiro onde
unha muller non moi alta e morena berraba o prezo do peixe:
-¿Quen
é esa muller?, preguntou a cativa con curiosidade.
-
E Rosalina, a muller do Pescador; o
fillo máis vello non che está nada mal… ¡quen o pillara! Bromeou Ermila. Imos ata alí. A ver se nos cambia o
peixe por esta verdura.
Ao chegar alí, onde a muller do Pescador,
Rosalina e Verita , ficaron mirando para ela como abobadas. Era tal como estaba na foto que lembraban dela. Con esa mirada triste. Seria. De querer
marchar e non poder. De dar todo polos seus moitos fillos e aínda un no seu ventre… Unha persoa que
nunca viran e que agora tiñan diante e non sabían que facer, que dicir.
-¿Como
te chamas rapariga?, preguntoulle a muller do Pescador.
-
Igual ca ti, contestoulle Rosalina, con
admiración, orgullosa por primeira vez de dicir o seu nome , o cal nunca lle
gustara.
Era verdade, Rosalina levaba o seu nome,
ela era a súa avoa, a nai de seu pai, que nunca chegara a coñecer. E que ese
día o conseguiu, o seu desexo, finalmente
cumprírase. Verita tocoulle no vestido a súa irmá que estaba mirando
para a súa avoa . Sen darse conta un mozo de máis ou menos doce anos estaba
falando con Ermila, ríndose, e sabe Deus
canto máis estaba dicíndolle o fillo máis vello da muller do Pescador. Verita e
Rosalina miráronse unha a outra e ríronse a encher … Era o seu pai. Aínda que
faltaría tempo para que chegaran a xuntarse , ese día xa había moita tenrura entre os dous.
O fermoso é que a muller do Pescador , tamén o estaba vendo. De algunha
maneira tamén soubo que as nenas cas que
ela falara habían ser deles algún día.
De camiño á casa, coma venderan todo,
Ermila comproulles un bocadillo as nenas
nese restaurante que tiña un arrecendo a mar , a ledicia, a fantasía e a un
desexo cumprido.
Verita manchou todo o vestido ca graxa
das luras… Rosalina quixo axudala . Sen querer rouboulle un cacho de bocadillo,
xa que ela rematara o seu. Por suposto ,comezou a chorar.
-¿Porque
choras miña nena?, dixo cariñosamente Ermila.
-
Non lle pasa nada, perdeu alí atrás un cacho de bocadillo, mentiu
descaradamente Rosalina.
Gildo que viña detrás vendo todo,
mirouna, con unha risa pícara. Calou o conto. Senón sabía que o chegar á casa
tamén ía levar el unha boa tunda…
As nenas sabían que cumprido o desexo,
tiñan que volver a súa casa. Non podía pasar desa noite. Aínda que esta era súa familia , non era o seu
tempo , nin o seu lugar. Pasárano moi ben, aprenderan
moito. O valor das cousas sinxelas , a verdadeira riqueza : o amor da familia unida
contra ventos e mareas . Ficaron os últimos momentos ca bisavoa. A ela botarana
máis de menos que ó resto, xa que ao chegar
de volta ela non ía estar. Estiveron con ela a carón do lume ata que se
apagou.Oíndo as súas historias ata que quedaron durmindo. Cantou o galo.
-¡Esperta,
Verita!, ¡Imos aló!, dixo en baixiño Rosalina para que non os vira ninguén.
As cativas baixaron moi pouco a pouco as
escadas . Cruzaron a cociña con coidado de non estorbar as galiñas que por alí andaban. Abriron a
porta ,dirixíndose ao pozo. Verita estaba chorando. Ollou para arriba onde estaba a fiestra . Alí,
mirando para elas, estaba a velliña pequena ,co pano na cabeza, cunhas bágoas
nas meixelas dicíndolle adeus ca súa man, sabendo que pronto as tería outra vez nos seus brazos.
As nenas
saltaron outra vez ó pozo.
Día de Reis, 1983, son as dez da mañá. Ermila
estalle facendo o almorzo as súas fillas como sempre.
-¡Rosalina!,
¡Verita!, vide a almorzar, que hai que ir á misa, que hoxe tedes que ir bicar o
neno Xesús…
As nenas chegan
a cociña máis cansadas que de costume. O que para súa nai fóra unha noite, para
elas pasaran uns cantos días noutro tempo. Unhas cuncas de cereais e un vaso de
zume de laranxa é o que estaba enriba da mesa.
-¡Que silencio!, -dixo Rosalina.
¡Quen me dera agora esa cunca de
leite con aquel cacho de pan!, continuou
Verita.
Ermila non
entendía nada do que falaban as súas fillas esa mañá. Agora Rosalina comprendía
o que unha vez súa nai lle contara cando
o seu primo Gildo o levara súa nai para Alemaña no verán xa con once
anos. Ao chegar o Nadal díxolle a súa nai :
-Maíña, ¿podo ir pasar o Nadal a
Galicia?
A súa nai,
consternada , e moi doída, contestoulle
:
-Fillo, ¿ pero xa non pasastes
bastantes Nadais sen nós?
Esa mañá era moi
triste para as irmás. En poucos días acostumáranse a unha familia grande , con
moitas alegrías, moitas sorpresas, risas…Rosalina levaba un anaco ollando para
Verita que non deixaba de mirar para o chan da cociña. Ela estaba a ver se viña
algunha galiña a repenicar os cachos de pan que por alí había…
Chelo do Xastre.
Chelo do Xastre.