Cuéntame un Cuento...

Porque unha historia é unha narración oral ou escrita na que se conta unha historia verdadeira ou ficticia do que sentes, do que pensas nese momento que a imaxinación voa todos os días na túa cabeza ... Por iso quero que me digas un Conto ... todos os días, cada semana, cada hora ..

sábado, 11 de enero de 2014

El entrenador de Atletismo

            O Entrenador de Atletismo
Sucedeu  nun pobo de cuxo nome non quero lembrarme , como dicía o mestre. Unha das seis rapazas do equipo de atletismo  corría todos os días por aquel paseo a beiriña do mar mentras eu ía paseniño andando o mesmo tramo, e aínda afogaba cando a poucos apuraba por medo da choiva que viña detrás, como ánima que leva o demo. Con outra das nenas quedaba aló nas rochas que unían xa a praia co pobo. Falaban, e rían....Terían daquela, trece, catorce anos. De cando en vez ían participar en competicións de atletismo fora do pobo. Gañaban moitos premios. Eran bastante boas. Calquera diría todo o que estaban a pasar estas rapazas co seu entrenador. Un home moi querido por todos. Moi valorado na súa profesión. Amigo dos seus amigos. Inimigos poucos. Poucas veces falei con el. Moi agradable, quizáis un pouco nervoso, nada máis.
            Habitacións únicas pedía para el e para as nenas. Durmía sen roupa e intentaba que elas fixeran o mesmo. Contáballes as súas experiencias nas camas de outras mulleres. Como se sentirían esas nenas  ao escoitar tales atrocidades dun home que para elas se convertera nun ogro despiado?

Unha noite unha delas, asustada, tremía, non sabía que facer. A pobre, chamou a súa nai. Medo, impotencia, vergoña, ante un corpo humillado e desfeito por unha especie de monstruo atroz e ruín. Catro anos ocultando mensaxes obscenas aos seus teléfonos, tocamentos aos seus corpos inocentes. Por fin apareceu a luz, esa parte que ía facer volver as súas vidas outra vez a nacer. Foi duro. A mentira da súa vergoña brilou en todos os periódicos. A elas non lles importaba. Estaban libres del. Declarou que a todo o que fixo non fora con intención libinidosa , que solo fora por fastidiar...Esas verbas, chegaron ao corazón dos pais destrozando todo o ser dunha persoa . Dunhas fillas que perderon a adolescencia das mans dun sádico que eles depositaron con toda a tranquilidade e con todo o cariño. Algo que o mellor quizáis nunca poderán perdoarse. A xustiza? Reducironlle catro anos. E dos oito anos que lle caeron, xa saiu en libedade. Hai dereito a isto?

                                                     Chelo do Xastre. 

CONTO-NOVELA: ALFONSIÑA DOS MEUS AMORES: CAPÍTULO I

ALFONSIÑA DOS MEUS AMORES. CAPÍTULO I

Corría o ano 1946 A emigración estaba ao día en Galicia. Manoliño do Eixo, que así o
chamaban na vila, tivera que marchar para a Arxentina a gañar os cartos, que en Galicia
non podía case nin levar dous cachos e medio de pan á boca ,nun mesmo día.  Súa nai, viúva, con tres fillas máis, doulle catro patacóns que a pobre tiña aforrado para que
Manoliño puidese sacar o billete do barco que o ía levar ao seu destino.
Xa na Arxentina, Manoliño lembraba moi ben ese día que viñera para acá, xa hai hoxe
quince anos. Baixando a costa da súa casa cunha caixa como maleta, cunha chaqueta roída polos ratos ao igual que as dobladuras do seu pantalón que lle quedaba curto, e escoitando as súas veciñas dicir:
            -Deus queira que non faga coma seu pai!
-Tes razón, que marchou para a Pampa e non volveu nunca!
 -Polo menos este non deixa catro fillos mortos a fame!
-E unha muller enferma traballando e sabe Deus en que!
Manoliño recordaba estas verbas , como se fora hoxe. El non sería coma seu pai.  Volvería a Galicia. Volvería ver a súa nai, as súas irmás.  Xuntaría cartos para o billete de volta e para mercar un barco .Iría ao mar alá no seu pobo, coma o seu avó...
Todo esto pensaba Manoliño do Eixo cando pola porta aparece unha moza loura, ben parecida, cun vestido vermello de flores amarelas, moi peiteada cunha cinta tamén vermella e dirixíndose ao noso protagonista dixolle:
-Meu Manuel Xosé (Xosé, tamén se chamaba Manoliño, xa que era o seu visabó por parte de pai),
-que façés ahí?, Pero vos non ves que imos chegar tarde , meu ben, meu tesoro, meu amor.,dixo Alfonsina, collendo a cara de Manoliño cas dúas mans e dándolle un gran bico nos seus arrugados beizos.
-Acá estaba esperando por vos, miña ruliña, meu ben. Acaba de chegar a primaveira con esas frores no seu vestido.
-Xa sabés que hoxe ven papá a coñecervos. (Tin tin tin), Soou unha música de suspense...
Manoliño aínda non coñecía ao pai de Alfonsiña. Era un terratenente con moitos cartos.  Él sabía perfectamente que non era ben recibido na familia da súa amada. Era un pobre traballador das súas terras da que a malcriada Alfonsiña, namorárase perdidamente do noso Manoliño. O pai dela, nun principio, pensou que sería un capricho da rapaza, pero non era así.

            -Que vos pasa meu amor?, díxolle Alfonsina a Manoliño con agarimo.
            -Teño medo, esto non vai a ningures, non nos apoia ninguén de acá. E se ves a  Galicia conmigo?, alá estaremos mellor..
(Tin, tin tin, ) volveu a soar esa música de suspense outra vez...
            Nooonn!!! e vos toleaches, non me fagás isto Meu Manuel Xosé. Cando decidiches iso? Agora non podés marchar!
Alfonsiña rompeu a chorar e continúou :
-          Entregueime a tí.  Manuel Xosé! Vou ter un fillo con vos!
A rapaza caeu chorando de xeonllos.( Tin/  tin  /  tin) , agora soou música como de funeral.
A cara de Manoliño tornaba  blanca.
            -Que deçís? Estades  segura? E meu?
Tirínnnnnnn,( soa música de violíns...)
O pai de Alfonsina xusto estaba entrando pola porta, cando Manoliño pronunciaba  estas verbas.
O noso protagonista quixo tragar esas palabras, que non pensou. Solamente pronunciou. Aínda que non lle dou tempo a facer nada máis. O home de pelo branco, grande e forte, colleuno polo peito e botouno a patadas da  facenda. A rapaza choraba, suplicaba polo seu amado ao seu pai, pero xa nada podía facer, polo menos , de momento.

                                     Chelo do Xastre. 



Poema mariñeiro

MARIÑEIRA SON

Mariñeira son, son, son…

Nacín ao  carón do mar na beiriña del.
Co cheirume da praia, brincando entre  nasas.

Mariñeira son, son, son…

Son neta e filla de mariñeiros.
Meu avó xa deixou o seu barco  atracado no porto.
Pola borda as súas redes meu pai xa tirou.

Mariñeira son, son, son…

Esqueletos entre as rochas ouvean nas  ondas,
Mulleres chorando porque xamais os atoparon.

Mariñeira son, son, son…

Temporais, choivas, mal tempo…
E o mariñeiro boga, boga,  sen parar.


Mariñeira son, son, son…


                   Chelo do Xastre. 

Poema de amor


Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte... !!!
O día que mire aos teus ollos,
repararei no desexo que hai
neles cando me mires...

O día que  olle  as túas mans,
fixareime no tento que con
elas poidas facerme sentir
a  fervor da que tanto dispós.

Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte..!!!

Sentir como me bicas,
docemente, lixeiramente...
Lenemente....Con suavidade,
Coma tí ben sólo sabes.

Sentir como percorres
o meu pescozo,
coa túa lingua.
Pouquiño a pouco...
Amodo...

Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte...!!!

Escoitar o teu folgo
mentras segues polo meu peito,
os meus seos,
coa túa lingua...amodo,
pouquiño a pouco.

Esvarando corpo a corpo,
no medio da paixón,
danzando ao mesmo son,
nunha onda de placer...

Sentir acariñándonos,
ledos de volver a xuntarnos.
Decatarnos de que estamos
sós, tí  e  máis eu,
 sen ninguén máis. ..



Canto devezo mirate, bicarte, acariñarte...!!!



                        Chelo do Xastre.          

AMOR ADOLESCENTE


                                    AMOR ADOLESCENTE

Ana esperábao día a día á tardiña. Cando escoitaba ese ruído que noutro tempo lle parecera espantoso, ía correndo  ao alpendre da súa avoa , coa saia levantada co vento, enferruxada de merenda que  a súa nai lle fixera. –Ei ven, ca súa penca na cara, a súa negra vestimenta. Desacelerando, mira para ela. Acelera. Pero non se detén. Ana sorrí. Desacelerou o seu corazón. Suspira. Mañá volverei a verte. E volta a escribir outro poema. 

                               Chelo do Xastre. 

A Soedade en Tí

A SOEDADE EN TI


Queda, tranquila, soa.
Sentada nunha cadeira branca,
ollando ao mar.

Soñei que estaba a carón de ti,
coma  dí a canción.

Aínda que no máis escuro
do meu recuncho,
penso sempre en ti.

Xa non hai cadeira,
Nin xente, nin barco.

Nin navegante; só estás ti,
 e máis eu.

Agora xa todo é de cores amarelas,
azuis…Nada é negro.

Nin gris, nin branco,
nin vermello, a cor da sangue.

Das feridas que antano me deixaron,
pero que denantes xa curaron
e non queda nada delas.

Volvín nacer. Xa morrera .
Volvín a vida.

Tres invernos munha cárcere
de amargura, de dor;
 de cores escuras.

De camiños longos sen fin.
Sen esperanzas, sen ledicias,
sen amor.

Tres invernos fríos, chovendo,
orballando,xeando,ventando.

Camiñando sen roupa.
Por esas rúas, núa, desvestida
pola nube negra.

Buscando a primaveira,
a  ledicia, o sorriso, o desafogo.

 Procurar  o alento dunha folla que
se pousa  na sombra dunha árbore.

Buscando o verán,
O relucinte sol que decora
os nosos corpos.

As noites estreladas,
A lúa chea, a festa, as luces…

¡Que ledicia volver
outra vez a nacer!


Chelo do Xastre.

FINISTERRAE

                                

                                   FINISTERRAE


Érase  unha vez un pobo tan, tan fermoso que explicalo con palabras case non sei. 
Ficaba  tan lonxe, que a maioría da xente dicía que o fin da terra era. 
Rodeábao o mar por todas partes agás por unha.
 Era bravo, terrible. 
De cando en vez devoraba a máis  de catro persoas que  se portaban mal con Deus. Aínda así, todo o mundo quería ir alí. 
Onde  o mar se xuntaba co ceo éste se unía co sol ao chegar a tardiña.
Finisterrae era o nome do pobo de  Ximena, princesa de Castela, protagonista desta historia, que eu como trobador que son, hoxe vos quero relatar:
 De castelo en castelo ando errante desde ben mozo. 
Historias escoito de amor e desamor, de aventuras, infortunios... Bechos raros;
 sen resolver algúns misterios…
 Dragóns  enormes con bocas cheas de lume que loitan con cabaleiros indestrutibles…
 A historia que hoxe aquí conto, data de hai moitos anos, reinando Felisardo de Castela.
 Finisterrae era un pobo moi visitado por todo o mundo.
Viña xente de todos os lugares:portugueses, peregrinos ingleses... Non solo polo bonito que era, senón pola riqueza do seu mar en peixes.
 Por iso tiña unha boa flota de barcos pesqueiros. Así o rei de Castela  a vivir aquí viñera  para  todos os cartos manexar e dar contas o clero.
Así, a pobre e desdichada Ximena, filla do Rei, foi como se namorou dun valoroso,humilde e pobre mariñeiro chamado Cúspulo.
 Aínda que  o seu destino non era máis que casarse cun cruel e ruín cabaleiro coñecido como Tiburcio de Ourense.
    Cúspulo, o outro gran protagonista da nosa historia,  non era un pobre mariñeiro como pensaba  todo o mundo  na vila.
 Era todo un poeta, que ademais soñaba ser un gran cabaleiro, e loitar cos Irmandiños algún día.
 Tiña un sitio agochado onde compoñía os seus versos e  practicaba a súa loita ca espada.
  Ás veces levaba algunha doncela  que caía nos seus brazos. Pero ningunha o namorara tanto como Ximena. 
Ademais a ela atopáraa alí, no seu recuncho, chorando nunha mañá  de temporal na que él non poidera ir navegar:
-¿Qué vos pasa, fermosa doncela. ¿Por qué chorades? Preguntoulle Cúspulo. 
-Sen rumbo navego por este Mar que á morte me leva.  Contestoulle Ximena, con gran
melancolía. 
Esas foran as súas primeiras verbas .Sen saber que eran o principio do fin.
 Dun gran amor que comezou cunhas bágoas. Despois levaríanos a paixón ,seguido da luxuria e
 finalmente  o escándalo dun  gran amor imposible.
O recuncho que tiñan os namorados, chamábase O Berrón.  Era un sitio moi xeitosiño.Había unha rocha grande onde se vía como o mar batía nela, unha e outra vez.Semellaba que lle estaba dando bicos. Esa rocha tiña  forma de un lagarto xigante, víase como unha cabeza
e unhas  patas. Era incrible. ¡Era fascinante!
Esperando estaba Cúspulo por Ximena mentras compoñía este soneto:            

 Mariñeiro son, e navego sen brazos,            
sen esperanza, sen rumbo xa ando 
agardando nun niño sen engano,
con tormento vivo sen os teus beizos.

 Dos teus fermosos cabelos me lembro;  
cas miñas pobres mans pouco a pouco            
palpo o teu fermoso  corpo tan louco;            
e cas miñas mans bícote un ombro.
         
  Este amor imposible vaime matar, 
sen ela un desgraciado sempre serei;
navío non teño, Rei non podo ser.

 Por amor malpocado vou afogar,
 ¡ai!, a miña vida por ela darei,
 o remate da  lúa hai que morrer.
     
     
     Cando  Ximena ao seu carón chegou, tiña cara  triste e comezou  chorar igual que cando
 a vira por vez primeira. Pero aquela  fóra porque o pai a obrigábaa a casar con Tiburcio
de Ourense.
 Aínda  que súa irmá, Erfelita, que non era moi agraciada , cativa, e sen graza;ofrecérase  a casar con el.
  As bágoas de Ximena,  polo mesmo volvían ser.
Cando Tiburcio chegou e viu a súa prometida, a Erfelita,  negouse con ela casar.
Non pasa nada,   Felisardo dixo.  Farase a  voda , coma  previsto estaba:
No mes de  Marzo e ca princesa  Ximena.
 Aló o fondo, nuns banquetes onde  sentadas todas as mulleres da familia colocadas estaban,
unha das fillas do Rei desmaiouse e a outra  chorando marchou.
  -¡Fuxiremos!, dixo Cúspulo, cando ela  o sucedido lle contou.
-¿Adonde, meu señor, non pode ser, non ves que o exército do meu pai seguiranose matándovos  acabará?
 -Antes morto, que vivir sen vos señora miña. 
Sen os vosos  beizos. Enfermo de amor ando.
Quérovos.  Namorado de vos estou . Sen vos xa non sabería vivir.
Penso na súa boca, como me fala, o fermosa que é cando me fai rir. Nos seus ollos, azuis, coma o mar que me leva e me trae todos os días.
 O que ollamos os dous cando estamos neste recuncho tan fermoso cando nos amamos.
Non quero pechar os  ollos se  non  vos van ver máis; nin quero xuntar as miñas mans senque as nosas xa non estean dentro delas.
 Non quero abrazarvos e que non esteades comigo dentro Ximena. 
Se non vos podo ter, eu mátome aquí mesmo.
 - ¿Que di ,meu señor?
- Sodes o meu Sol, a miña Lúa, a quen eu máis adoro.
 ¿Se vos ides? ¿Adonde iría eu?  
Vagaría sen rumbo toda a miña vida coma un navío sen destino. 
Antes de coñecervos pasaba noites escuras e longas sen sentido.
 Agora todo cambiou.
 Vos sodes a luz que alumea a miña vida. Sen vos nada son. É o meu destino.
 -Pois daquela o meu destino debe ser este Ximena: morrer por vos.
 -¡Non, por Deus, Cúspulo!
 O namorado, con moito pesar , cunha última mirada á muller da súa vida e cunha bágoa de
tristeza na súa meixela, fixo o amago de tirarse polo barranco do  recuncho no que tanto tempo estivera ca súa amada…
 Cando de repente Ximena gritou e dixo :
 –¡Espera! que vou con vos.  Quero cambiar ese destino. 
 Xa que non puido vivir con vos ,  morrer si podo.
 Así que os dous uniron as súas  mans, e esta vez sí, con bágoas, pero de ledicia, déronse un
gran bico e… 
Tiráronse ó bacío polo acantilado… 
  Así acaba a miña historia de dous amantes que non puideron loitar co seu amor nunha
sociedade de donas e cabaleiros , de cartos e peixes, que afogaron nun mar de rochas sen fin,sen esperanza.
                                                FIN
       

            Chelo do Xastre