ALFONSIÑA DOS MEUS AMORES. CAPÍTULO I
Corría o ano 1946 A emigración estaba ao
día en Galicia. Manoliño do Eixo, que así o
chamaban na vila, tivera que marchar para a
Arxentina a gañar os cartos, que en Galicia
non podía case nin levar dous cachos e medio
de pan á boca ,nun mesmo día. Súa nai,
viúva, con tres fillas máis, doulle catro patacóns que a pobre tiña aforrado
para que
Manoliño puidese sacar o billete do barco que
o ía levar ao seu destino.
Xa na Arxentina, Manoliño lembraba moi ben ese
día que viñera para acá, xa hai hoxe
quince anos.
Baixando a costa da súa casa cunha caixa como maleta, cunha chaqueta roída
polos ratos ao igual que as dobladuras do seu pantalón que lle quedaba curto, e
escoitando as súas veciñas dicir:
-Deus queira que non faga coma seu
pai!
-Tes
razón, que marchou para a Pampa e non volveu nunca!
-Polo menos este non deixa catro fillos mortos
a fame!
-E
unha muller enferma traballando e sabe Deus en que!
Manoliño recordaba
estas verbas , como se fora hoxe. El non sería coma seu pai. Volvería a Galicia. Volvería ver a súa nai,
as súas irmás. Xuntaría cartos para o
billete de volta e para mercar un barco .Iría ao mar alá no seu pobo, coma o
seu avó...
Todo esto pensaba
Manoliño do Eixo cando pola porta aparece unha moza loura, ben parecida, cun
vestido vermello de flores amarelas, moi peiteada cunha cinta tamén vermella e
dirixíndose ao noso protagonista dixolle:
-Meu
Manuel Xosé (Xosé, tamén se chamaba Manoliño, xa que era o seu visabó por parte
de pai),
-que
façés ahí?, Pero vos non ves que imos chegar tarde , meu ben, meu tesoro, meu
amor.,dixo Alfonsina, collendo a cara de Manoliño cas dúas mans e dándolle un
gran bico nos seus arrugados beizos.
-Acá
estaba esperando por vos, miña ruliña, meu ben. Acaba de chegar a primaveira
con esas frores no seu vestido.
-Xa
sabés que hoxe ven papá a coñecervos. (Tin tin tin), Soou unha música de
suspense...
Manoliño aínda non
coñecía ao pai de Alfonsiña. Era un terratenente con moitos cartos. Él sabía perfectamente que non era ben
recibido na familia da súa amada. Era un pobre traballador das súas terras da
que a malcriada Alfonsiña, namorárase perdidamente do noso Manoliño. O pai
dela, nun principio, pensou que sería un capricho da rapaza, pero non era así.
-Que vos pasa meu amor?, díxolle
Alfonsina a Manoliño con agarimo.
-Teño medo, esto non vai a ningures,
non nos apoia ninguén de acá. E se ves a
Galicia conmigo?, alá estaremos mellor..
(Tin, tin tin, ) volveu
a soar esa música de suspense outra vez...
Nooonn!!! e vos toleaches, non me
fagás isto Meu Manuel Xosé. Cando decidiches iso? Agora non podés marchar!
Alfonsiña rompeu a
chorar e continúou :
-
Entregueime a tí. Manuel Xosé! Vou ter un fillo con vos!
A rapaza caeu
chorando de xeonllos.( Tin/ tin / tin)
, agora soou música como de funeral.
A cara de Manoliño
tornaba blanca.
-Que deçís? Estades segura? E meu?
Tirínnnnnnn,( soa
música de violíns...)
O pai de Alfonsina
xusto estaba entrando pola porta, cando Manoliño pronunciaba estas verbas.
O noso protagonista
quixo tragar esas palabras, que non pensou. Solamente pronunciou. Aínda que non
lle dou tempo a facer nada máis. O home de pelo branco, grande e forte,
colleuno polo peito e botouno a patadas da facenda. A rapaza choraba, suplicaba polo seu
amado ao seu pai, pero xa nada podía facer, polo menos , de momento.
Chelo do Xastre.
Chelo do Xastre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario