Cuéntame un Cuento...

Porque unha historia é unha narración oral ou escrita na que se conta unha historia verdadeira ou ficticia do que sentes, do que pensas nese momento que a imaxinación voa todos os días na túa cabeza ... Por iso quero que me digas un Conto ... todos os días, cada semana, cada hora ..

sábado, 11 de enero de 2014

El entrenador de Atletismo

            O Entrenador de Atletismo
Sucedeu  nun pobo de cuxo nome non quero lembrarme , como dicía o mestre. Unha das seis rapazas do equipo de atletismo  corría todos os días por aquel paseo a beiriña do mar mentras eu ía paseniño andando o mesmo tramo, e aínda afogaba cando a poucos apuraba por medo da choiva que viña detrás, como ánima que leva o demo. Con outra das nenas quedaba aló nas rochas que unían xa a praia co pobo. Falaban, e rían....Terían daquela, trece, catorce anos. De cando en vez ían participar en competicións de atletismo fora do pobo. Gañaban moitos premios. Eran bastante boas. Calquera diría todo o que estaban a pasar estas rapazas co seu entrenador. Un home moi querido por todos. Moi valorado na súa profesión. Amigo dos seus amigos. Inimigos poucos. Poucas veces falei con el. Moi agradable, quizáis un pouco nervoso, nada máis.
            Habitacións únicas pedía para el e para as nenas. Durmía sen roupa e intentaba que elas fixeran o mesmo. Contáballes as súas experiencias nas camas de outras mulleres. Como se sentirían esas nenas  ao escoitar tales atrocidades dun home que para elas se convertera nun ogro despiado?

Unha noite unha delas, asustada, tremía, non sabía que facer. A pobre, chamou a súa nai. Medo, impotencia, vergoña, ante un corpo humillado e desfeito por unha especie de monstruo atroz e ruín. Catro anos ocultando mensaxes obscenas aos seus teléfonos, tocamentos aos seus corpos inocentes. Por fin apareceu a luz, esa parte que ía facer volver as súas vidas outra vez a nacer. Foi duro. A mentira da súa vergoña brilou en todos os periódicos. A elas non lles importaba. Estaban libres del. Declarou que a todo o que fixo non fora con intención libinidosa , que solo fora por fastidiar...Esas verbas, chegaron ao corazón dos pais destrozando todo o ser dunha persoa . Dunhas fillas que perderon a adolescencia das mans dun sádico que eles depositaron con toda a tranquilidade e con todo o cariño. Algo que o mellor quizáis nunca poderán perdoarse. A xustiza? Reducironlle catro anos. E dos oito anos que lle caeron, xa saiu en libedade. Hai dereito a isto?

                                                     Chelo do Xastre. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario