Cuéntame un Cuento...

Porque unha historia é unha narración oral ou escrita na que se conta unha historia verdadeira ou ficticia do que sentes, do que pensas nese momento que a imaxinación voa todos os días na túa cabeza ... Por iso quero que me digas un Conto ... todos os días, cada semana, cada hora ..

miércoles, 25 de enero de 2023

Ao Alba

 Ao alba non estás, pola tarde non che atopo por ningunha parte e na noite non apareces. Sabes onde estás?

Na miña mente, na miña alma, nas miñas mans, nas miñas entrañas, no meu corazón...

jueves, 6 de enero de 2022

As Caselas

                                 AS CASELAS

Era víspera de Reis. O vendaval  azotaba, coma case sempre, nesa aldea de apenas unhas poucas casas. Dous ou tres bares; un dos cales tamén era unha pequena tenda na  que os seus habitantes facían as compras todos os días. Chamábano o súper de Deogracias. Ao seu carón había unha panadería , a de Nicasio ,  que repartía o pan todos os días co seu furgón. De fronte, ó cruzar a estrada que daba á praia, había un bar : o bar das Estrelas , máis famoso noutro tempo que agora, de feito xa estaba a piques de pechar. Pero o  bar que máis xente ía e que máis sona tiña e incluso polas aldeas da zona dese pobo tan perdido no mapa, chamábase “A Améndoa”.   
 Corría o ano 1983, onde todo o mundo estábase  adaptando os cambios sociais. Un ano no que  xa  sobrevivían  uns veciños dunha pequena pero grande aldea  coñecida como As Caselas.
Ese día Rosalina e maila súa irmá , a pequena Verita ,  ían coa súa nai a casa da súa tía que vivían a  poucos metros. As cativas sempre xogaban cos seus curmáns  case roldaban os catro a mesma idade. As maiores falaban das súas cousas, de cómo irían as patacas ese ano, ou como lle ía a veciña co marido:
-           Seica lle  dou uns paus a noite pasada, comentou Orlinda.
-          “Miña pobre” … xa nunca debeu casar con el , contestou  Ermila.
De volta , as nenas ían emocionadas polos regalos. Sempre lle pasaba ese día.
-          Mamá, ¿ traeranme os reis a boneca que lle pedín? , preguntou  Rosalina.
-          ¿ A min o corrícoche  que quero?, por favor ¡oxalá !,  suplicaba Verita .
Cando ían chegando a casa, despois de pasar  dúas ou tres dos veciños  , Ermila ( súa nai), máis elas , divisaron ao lonxe unha señora vestida toda  de negro cun pano na cabeza moi familiar para as nenas, que por suposto, sempre aparecía por alí ese día, preto da casa. Era Elvecia, a avoa.  Unha muller alta , morena,  de ollos azuis.  Fría, dura,  esixente. Quizais  porque tivo unha infancia moi difícil e non quixo que os seus  fillos o  pasaran  mal como o pasou ela; cousa que conseguiu. Non era unha aboa cariñosa, das que te levan ao parque, ou te contan mil historias.  Aínda que a pequena  Verita  non se lembre, Rosalina acórdase perfectamente : Era a única avoa que “facía” de Rei Mago. A que viña correndo da súa casa misteriosamente   e lles dicía berrando:
-¡Xa chegaron os Reis!
As rapazas, nese momento non se daban conta. Súa nai mantivo moitos anos esa ilusión, coa súa avoa  de cómplice.
Esa  noite as nenas non eran capaces de durmir. Os Reis cumpriran o seu obxectivo, trouxéranlle o que elas  lle pediran.  ¡Ou non!  Porque a pequecha Rosalina  sempre ía máis aló nos seus pensamentos e ela pedira algunha outra cousa… Por iso a testa  andáballe a dar voltas e voltas …Un dos desexos que nunca lle concedían os reis era  que  seu pai estivera polo Nadal.  Como navegaba, pois nunca podía vir. O outro este ano tiña que pasar. Era cuestión de horas. Pola mañá collería a súa irmá e irían o pozo dos desexos , que estaba na casa vella onde vivira de pequena   a súa nai .
-          ¡Esperta , Verita!, que xa cantou o galo, díxolle entusiasmada á  súa irmá.
-           ¿Que queres? ,  se é moi cedo , ¿adonde me levas?, protestou a nena máis pequena, cos ollos aínda medio pechados .
Rosalina agarrou a súa irmá por un brazo , vestiuna rapidamente cun vestido azul que tiña igual co dela. Puxeron  cadanseu  abrigo  e escaparon pola xanela  da súa habitación.
       -Corre, bule,  que xa queda pouco para que acabe a noite, dixo Rosalina.
       -Xa vou, non podo máis, non ves que son pequeniña, ¡agarda por min!, non me deixes soa, suplicou Verita.
Faltaban apenas uns minutos para que se cerrara o pozo da casa vella, coma sempre, na noite  de Reis.Xa lles pasara outros anos, este tiña que ser diferente.  Hoxe tiñan que chegar a tempo. As raparigas corrían sen mirar atrás. Ía moito frío. Eran case as seis da mañá. Xeaba.  Ao chegar á casa  a porta estaba pechada. As cativas non sabían que facer. A pobre  de Verita tiña as manciñas da cor das tellas que caían no chan co vento … Mirou a súa irmá e dixo:
      -Teño moito frío, vamos para a casa.
Rosalina, lembrou que súa tía Orlinda gardaba a chave nun bote a carón da fiestra que antes daba á corte . Apresurouse a collela . Faltaban dous minutos para que se pechara o pozo. A chave era grande, máis que as mans da nena. Incluso pesaba, e estaba mollada pola choiva que tamén caerá  esa noite . Rosalina agarrouna cas dúas mans. Intentouna meter polo burato dunha porta que ata hoxe nunca lle parecera tan grande. Caeulle. Volveuna a coller. Volveulle caer. Verita empezou a chorar.
      -¡ Xa tardaba!. Pensou para os seus adentros Rosalina.
 Quedaba un minuto. Empezaba a poñerse nerviosa, abofé que  tiña que conseguilo.
      -¡Entrou!, ¡ a chave entrou! Berrou Rosalina.
Correu para dentro dirixíndose  ao pozo que estaba  despois de onde  antergo  atopábase  a cociña, nunha porta que vai dar á horta. Abriu  a porta do pozo… e cando se dirixía a saltar…
      -¿Pero onde vai miña irmá?: ¡Verita!, ¡Verita!. Berraba con forza Rosalina.
Faltaban  uns  poucos segundos  e a outra nena non aparecía  por ningún lado.
      -Non pode ser, tanto tempo esperando…, dicía  con rabia a cativa.
 Rosalina saíu para fóra e viu a súa irmá sentada chorando. Agarrouna como se a vida se lle fose no intento. Levouna correndo para a horta .Como puido puxo a súa irmá primeiro dentro  do pozo e despois  foi ela  . Sen saber  nin imaxinar  o que ían encontrar ao outro lado.
            - Rosalina, ¡axúdame!, ¿onde estamos?, ¡abre os ollos!
Verita atopábase nun sitio que descoñecía . Sen embargo xa estivera alí  outras veces,  non había moitas horas. Cos cinco anos recen cumpridos que tiña,  aínda non comprendía certas cousas e moito menos onde se atopaba. Nin sequera lembraba como chegara ata alí. Só sabía que viñera ca súa irmá,que a estaba levando a algunha aventura das súas, coma sempre, sen saber como acabaría a historia.
            -Meu Deus, ¿pero isto que é?, ¿cómo pode ser? , dixo abraiada a maior das irmás, que espertaba do desmaio que sufrira  pola  caída no pozo.
 Non o podía imaxinar, estaba no mesmo sitio pero moitos anos antes. Mirou ao fronte da porta da horta que daba á cociña . Ao  fondo penduraba  un almanaque enriba da mesa do ano 1963. O reloxo de péndulo marcaba xa ás oito da mañá e comezou a soar: un, dous, tres… Así ata as veces que a pequena  Verita tiraba do vestido de Rosalina ollando cara unha fiestra que había na parte de arriba. Un neno miraba  asustado que berraba :
            -¡Aboa, Mamá lina!, hai dúas forasteiras na horta! 
A nena pequena non paraba de chorar porque o cativo seguía berrando e chamando polas dúas mulleres sen descanso:
            -¡Mamá lina, as rapazas seguen aí . Unha non para de chorar, bule, corre!
De repente, pola porta da horta asomou unha muller alta ,morena, cos ollos azuis.
-¡Era incrible!, non podía ser. Pensaron as rapazas.
Rosalina non daba crédito ao que estaba vendo diante dos seus ollos. Era Elvecia, a súa avoa, aínda que máis nova, pero seguía igual que sempre, ¡rosmona!:
            -A vos que se vos perdeu aquí rapazas, ¿por onde entrastes?¿de quen demo sodes?
As nenas non sabían que dicir. Rosalina quería explicarlle. Quería dicirlle:
            -Avoa, somos nós,  as túa netas, ¿non nos recoñeces ?
Iso  non podía ser, ela non o entendería. Nese tempo elas aínda non naceran.  Unhas rapazas tan pequenas non  podían explicar algo así. A ela, súa nai contáralle moitas veces que súa avoa era moi solidaria ca xente pobre que viña pola casa a pedir comida. Malo sería que non as acollera por uns días que estiveran por alí.
            -¿Qué pasa aí fóra Elvecia?, oíuse unha voz  dentro na cociña.
A avoa  colleu as dúas nenas para dentro e sentounas en dúas cadeiras de madeira  grandes que había na beira da mesa. Noutra estaba sentada unha velliña pequena toda vestida de negro e cun pano na cabeza que Rosalina e Verita coñecían moi ben e que xa habían moito tempo que non  vían,  polo que foron correndo contra ela e déronlle un gran abrazo.
-          ¿Coñécelas , Sra. Lina? , preguntoulle Elvecia a súa sogra.
-          Creo que sei quen son, ou quen han de ser. Van quedar aquí uns poucos días.
A Sra. Lina era nin máis ni menos  a bisavoa das nenas. Non a viran moitas veces, de feito non tiñan moitos recordos con ela. Súa nai sempre lle contou moitas cousas dela porque foi sempre unha muller moi valente, moi alegre e moi optimista pese as moitas desgrazas que rodearon a súa vida. Ela sempre tiraba para diante. Cando viu a Rosalina e a Verita, recoñeceunas ao momento. De feito a Rosalina puxéranlle o nome da outra avoa aínda que tamén coincidía co dela.  Todo o mundo lle chamou sempre  : Mamá Lina.
Leite con pan, era o que lle puxo Elvecia as nenas en dúas cuncas de barro enriba da mesa para almorzar. Verita rosmou un pouco, era normal. Non era moi comedora. Rosalina bebeu todo o leite e comeu todo o cacho de pan que lle dera a súa avoa sen respirar  ,tiña moita fame, fora unha noite bastante longa e o seu bandullo xa rosmaba. A velliña púxolle un pouquiño de leite máis sen que a vira Elvecia, porque eran moitos nesa casa e había que repartir. A nena agradeceullo cunha risa pícara. Oíuse un ruído de escadas  coma se as baixasen  moi rápido e correndo.
            -Aí  ven ese  pequeno demo, xa me tardaba, dixo Mamá Lina.
Asomou na cociña, aparte dun par de galiñas, que ían recollendo as migas de pan e cas que estaba  xogando a pequena Verita,un cativo duns oito ou nove anos, cun pantalón curto, xersei de pico e camisa branca,  mal peiteado . Rosalina supuxo  que era seu curmán, o máis maior, que quedou ca  avoa ata que súa tía Narcisa  o levou para  Alemaña, pois ela emigrou alí. A avoa   colleu a Gildo  polo pescozo e púxoo cara a bañeira de auga recen collida do pozo que tiña alí nun curruncho . Fregoulle  as orellas e peiteoulle o cabelo . O pobre  rapaz  ouveaba:
            -Avoíña,  avoíña, polo que máis queira, está moi fría, ¡ai meu deus…! ¡Pare!
Na cociña todos escachamos a rir. Foron baixando pouco a pouco. O avó que chegaba de muxilas vacas, e amañar o resto de animais que alí había; a tía Orlinda, a tía Fidelina, que é a que hoxe en día está na Cidade. Aínda  a que esperaban impacientes, por suposto, era  a súa nai.  Ermila apareceu pola porta cantando. Tiña doce anos, pronto cumpriría trece, era xa case toda unha muller,  moi delgada ,  pelo longo, morena, ollos verdes , con un vestido moi curto, de cadros. Elas ollárona  moi emocionadas.
            -¿Estas rapazas aquí?, preguntou ela.
            -Van pasar uns días , dixo unha das vellas.
Seguindo a tradición de Reis, foron todos para á misa. Hoxe era o día que había que darlle o bico o neno Xesús. As nenas foron con todos por eses camiños de barro o que non estaban acostumadas . As súas tías axudábanlle. Levaban as dúas pola man ,xogaban con elas. Pasaron un día inesquecible . Á tardiña, coma non había televisión, escoitaron a radio. Poñían unha radionovela, era moi divertida. Para as nenas era todo un descubrimento. Mamá Lina prendeu a cociña de leña e puxo unhas castañas  enriba , que pola tarde colleran os nenos na árbore que aínda hoxe en día se conserva.  Esa froita sabía moito mellor ese día que calquera outro cando as facía súa nai . Contaron cousa s de medo,  de vellas, de bruxas, contos  de meigas… Verita quedou durmida nos brazos de Mamá Lina , Rosalina subiu con ela. As dúas quixeron durmir con Ermila. Pola mañá tiveron que ir á escola. As irmás maiores xa remataran, posto que solo ían ata os trece anos. Así que,  as nenas , Gildo e Ermila remataron cadansúa cunca de leite e foron para aló. Tiveron que ir camiñando polo monte;  o camiño estaba cheo de pedras e de toxos.  A Verita facíaselle moi difícil a camiñada,  non estaba acostumada. Ademais a escola estaba na outra aldea que era todo costa arriba. O seu curmán tiraba por ela coma se dun carro de vacas se tratara, para el era un xogo. Na clase eran sesenta e tres nenos, aínda que non estaban todos sempre. Faltaban  moitos rapaces porque tiñan que ir ó mar ou  traballar nas terras. Se había mal tempo  viñan. Antes había que comer. As familias eran moi grandes e había que alimentar moitas bocas. Escribían nunha  pizarra  cun pizarrillo . Tiñan só tres libros que correspondían a tres grados . Estaban todos xuntos no mesmo sitio.  Cando chegaban  rezaban unhas oracións. Unha foto de Franco  e un mapa de España ocupaban  a estancia .  A hora do recreo quentaban  auga nunha pota grande e quecían leite en pó. Despois ían xogar o cadro, a  churra , a roda, na que cantaban:
-…“ Rueda, rueda , rueda, de pan y canela, dame un chavo para ir a la escuela . Río verde, río verde , río de tantos colores, tantos como el Arco Iris  tiene, así son los mis amores. Que salga la dama, la dama a bailar, que salga la dama la he  de encamelar, camelar la encamelo yo. Que salga la dama, la dama soy yo… “
Normalmente,  cando marchaban, rezaban as mesmas oracións que cando entraban, pero hoxe, como era Venres, tocáballe o Rosario, que duraba unha hora , polo que sempre chegaban  máis tarde para comer. Ermila rabiaba sempre ese día. As tripas pensaban xa no cacho de pan de millo que Mamá  Lina estaba quecendo na cociña de leña. A ela nunca lle gustara moito a escola,  soamente  lle quedaba ese curso . Cando chegaron  xa estaban  esperando  as donas da casa ca comida preparada na mesa para que as rapazas non pasaran fame. O seu avó pescara unha boa robaliza e fixeran unha caldeirada para todos. As nenas estaban moi cansas, foron cedo para a cama. Foi un día longo.De volta  da escola  chovera e como daquela non había paraugas tiveran que taparse co abrigo.Estaban todas molladas. Mañá esperáballe un día grande. Finalmente o desexo de Rosalina íase cumprir.
 Cando espertaron correron polas escadas  os tres rapaces directamente á cociña, onde os estaba esperando ca” bañeira infernal ( coma lle chamaba o pequeno Gildo),a  avoa  Elvecia. ¡Como choraba Verita!… Rosalina xa estaba acostumada, a ela xa lle tiña pasado máis dunha vez noutro tempo tamén. Agora o que se ría delas era o rapaz. Ao  chegar as maiores, foron coller as verduras , puxéronas nas cestas; fixeron un nós cun pano e puxéronos nas cabezas e as cestas enriba. Dirixíronse ó pobo que era onde ían facer o troque co peixe, cas mulleres dos mariñeiros. Esta vez levaron as rapazas con elas. Rosalina ía moi nerviosa . Sabía que podía ser o día en que podía coñecela por fin. Pasaron pola panadería de Nicasio, polo bar das Estrelas, que para nada tiña que ver co que Rosalina lembraba. Ía moita xente. O bar da Améndoa tamén estaba, era onde o avó ía xogar a partida moitos días.
Para ir ao  pobo foron pola  praia. Había moitas mulleres collendo marisco na area. Estaba todo moi cambiado a como o lembraban as nenas.Non había as casas que elas coñecían, todo eran casas de pedras con tellados vellos. Había moita xente pobre pedindo ,con nenos mortos de fame. Sen ter nin un cacho de pan que levar á boca.  As familias eran moi grandes, con moitos fillos. Nas habitacións durmían catro ou cinco en dúas camas. A casa de Ermila era moi boa: tiñan terras,  criaban animais,por iso  comían todos os días. Non todas eran así.
Baixando a costa que ía para o múelle, viña un arrecendo a luras…Era un restaurante que aínda segue,do que lles  ten falado  tanto súa  nai.
            -Se vendemos algunha  verdura, de volta collemos uns bocadillos,  dixo Ermila.
A Rosalina, fíxoselle a boca auga, co que lle gustaba a ela comer …
Nada máis dobraron  a esquina, ao lonxe víase o embarcadoiro onde unha muller non moi alta e morena berraba o prezo do peixe:
            -¿Quen é esa muller?, preguntou a cativa con curiosidade.
            - E Rosalina, a muller do Pescador;  o fillo máis vello non che está nada mal… ¡quen o pillara! Bromeou  Ermila. Imos ata alí. A ver se nos cambia o peixe por esta verdura.
Ao  chegar alí, onde a muller do Pescador, Rosalina e Verita , ficaron mirando para ela como abobadas. Era tal  como estaba na foto que lembraban  dela. Con esa mirada triste. Seria. De querer marchar e non poder. De dar todo polos seus moitos fillos  e aínda un no seu ventre… Unha persoa que nunca viran e que agora tiñan diante e non sabían que facer, que dicir.
            -¿Como te chamas rapariga?, preguntoulle a muller do Pescador.
            - Igual ca  ti, contestoulle Rosalina, con admiración, orgullosa por primeira vez de dicir o seu nome , o cal nunca lle gustara.
Era verdade, Rosalina levaba o seu nome, ela era a súa avoa, a nai de seu pai, que nunca chegara a coñecer. E que ese día o conseguiu, o seu desexo, finalmente  cumprírase. Verita tocoulle no vestido a súa irmá que estaba mirando para a súa avoa . Sen darse conta un mozo de máis ou menos doce anos estaba falando con Ermila,  ríndose, e sabe Deus canto máis estaba dicíndolle o fillo máis vello da muller do Pescador. Verita e Rosalina miráronse unha a outra e ríronse a encher … Era o seu pai. Aínda que faltaría tempo para que chegaran a xuntarse , ese día xa había moita tenrura  entre os dous.  O fermoso é que a muller do Pescador , tamén o estaba vendo. De algunha maneira tamén soubo que as nenas  cas que ela falara habían ser deles algún día.
De camiño á casa, coma venderan todo, Ermila comproulles  un bocadillo as nenas nese restaurante que tiña un arrecendo a mar , a ledicia, a fantasía e a un desexo cumprido.
Verita manchou todo o vestido ca graxa das luras… Rosalina quixo axudala . Sen querer rouboulle un cacho de bocadillo, xa que ela rematara o seu. Por suposto ,comezou a chorar.
            -¿Porque choras miña nena?, dixo cariñosamente Ermila.
            - Non lle pasa nada, perdeu alí atrás un cacho de bocadillo, mentiu descaradamente Rosalina.
Gildo que viña detrás vendo todo, mirouna, con unha risa pícara. Calou o conto. Senón sabía que o chegar á casa tamén ía levar  el unha boa tunda…
As nenas sabían que cumprido o desexo, tiñan que volver a súa casa. Non podía pasar desa noite.  Aínda que esta era súa familia , non era o seu tempo  , nin o  seu lugar. Pasárano moi ben, aprenderan moito. O valor das cousas sinxelas , a verdadeira riqueza : o amor da familia unida contra ventos e mareas . Ficaron os últimos momentos ca bisavoa. A ela botarana máis de menos que ó resto, xa que ao chegar  de volta  ela non ía estar.  Estiveron con ela a carón do lume ata que se apagou.Oíndo as súas historias ata que quedaron durmindo. Cantou o galo.
            -¡Esperta, Verita!, ¡Imos aló!, dixo en baixiño Rosalina para que non os vira ninguén.
As cativas baixaron moi pouco a pouco as escadas . Cruzaron a cociña con coidado de non estorbar  as galiñas que por alí andaban. Abriron a porta ,dirixíndose  ao  pozo. Verita estaba chorando. Ollou  para arriba onde estaba a fiestra . Alí, mirando para elas, estaba a velliña pequena ,co pano na cabeza, cunhas bágoas nas meixelas dicíndolle adeus ca súa man, sabendo que  pronto as tería outra vez nos seus brazos.
As nenas  saltaron outra vez ó pozo.
Día de Reis, 1983, son as dez da mañá. Ermila estalle facendo o almorzo as súas fillas como sempre.
            -¡Rosalina!, ¡Verita!, vide a almorzar, que hai que ir á misa, que hoxe tedes que ir bicar o neno Xesús…
As nenas chegan a cociña máis cansadas que de costume. O que para súa nai fóra unha noite, para elas pasaran uns cantos días noutro tempo. Unhas cuncas de cereais e un vaso de zume de laranxa é o que estaba enriba da mesa.
            -¡Que silencio!, -dixo Rosalina.
            ¡Quen me dera agora esa cunca de leite con aquel cacho de pan!, continuou  Verita.
Ermila non entendía nada do que falaban as súas fillas esa mañá. Agora Rosalina comprendía o que unha vez súa nai lle contara cando  o seu primo Gildo o levara súa nai para Alemaña no verán xa con once anos. Ao chegar o Nadal díxolle a súa nai :
            -Maíña, ¿podo ir pasar o Nadal a Galicia?
A súa nai, consternada , e moi doída,  contestoulle :
            -Fillo, ¿ pero xa non pasastes bastantes Nadais sen nós?

Esa mañá era moi triste para as irmás. En poucos días acostumáranse a unha familia grande , con moitas alegrías, moitas sorpresas, risas…Rosalina levaba un anaco ollando para Verita que non deixaba de mirar para o chan da cociña. Ela estaba a ver se viña algunha galiña a repenicar os cachos de pan que por alí había…
                                    Chelo do Xastre. 

sábado, 31 de agosto de 2019

MICRORELATO: UNHA TARDE DE SAN XOÁN



Unha tarde de San Xoán

Era a noite de San Xoán.
Aínda era pola tarde. Ía para traballar. Pensando en toda a madeira que tiña amoreada  na quenda  da caldeira da oficina para queimar ese día e que esqueceran de vir buscar. ¿Que ía facer agora?
Subín arriba a oficina do Director, e , tras a xanela , mireino. Alí estaba, de pé, cun xersei de raias gris e azul, e un pantalón que lle quedaba moi axustado, exactamente onde lle remataba o xersei. E eses ollos...
Baixei correndo, como ánima que leva o demo.
Pregunteille.
Respondeume.
E axudoume a recoller esa  madeira que me amolaba.
Cando lavou as mans , lixouse e tirou o xersei. Enxugueille  coas miñas mans toda a auga que lle escorregara  por todo o corpo...
Desabrocheille o pantalón pausadamente e comecei a tocarlle, pero sen deixar de mirar para  eses ollos que me atraparan esa tarde de San Xoán.

                        Chelo do Xastre


* (Microrrelato finalista no 3º Concurso erótico-romántico convocado pola Editorial ArtGerust e publicado no libro .....

lunes, 4 de mayo de 2015

ROI , “EL ACRÓBATA” del Fin del Mundo.-“Señores y señoras”, como cada tarde les presentamos el “Super Espectáculo del Circo de las Estrellas”…- En primer lugar actuará el domador de leones…”Mister Felini”…Mientras todo el mundo se divertía en el circo, Roi, el niño acróbata,  se estaba preparando en su caravana  para la que iba a ser su última actuación. En este circo se había formado como acróbata. Ahora tenía que marcharse para seguir su carrera en otro lugar. Estaba un poco triste, pero esa tarde tenía que demostrar todo lo que allí había aprendido con sus entrenadores Pablo y Adán.…”Y ahora con todos ustedes Señoras, Caballeros, niños y niñas, lo mejor del Circo de las Estrellas, el Inimitable acróbata del Fin del Mundo,  Roi Correa Traba…Todo el público se levanta y  aplaude ante la llegada del magnífico acróbata.Roi se dirige hacia la cuerda y ordena que le quiten la red que le protege contra las posibles caídas.Todo el público se escandaliza:
                        -¡No puede ser!                        -¡Es increíble!Pablo y Adán, sus entrenadores, se niegan a hacer semejante locura…¡Roi insiste!, y así se hace. La red se retira. El  público aplaude cada vez con más fuerza. Roi empieza su actuación.El pequeño acróbata camina sobre la cuerda abriendo los brazos lentamente. De repente, salta y hace un giro…La gente grita emocionada…Pero Roi vuelve a quedar otra vez en la cuerda…¡Impresionante!Vuelve a hacer vuelos acrobáticos uno tras otro con la única ayuda de una barra larga exponiendo más o menos su cuerpo en el aire.
La gente cada vez aplaude más y más.
Su última actuación en el Circo de las Estrellas finaliza con  gran éxito.
Todo el público se levanta. Roi ha triunfado una vez más.
Quizás vuelva algún día…De momento, seguirá otro camino.                                   FIN

Chelo do Xastre. 

lunes, 13 de abril de 2015

ROI, O CABALEIRO DA FIN DO MUNDO


ROI, O CABALEIRO  DA FIN DO MUNDO

Érase unha vez nunha cidade afastada, unha princesa chamada Lúa.  Estaba pechada no Castelo nun dos calabozos, custodiada por un gran dragón malvado, que estaba botando lume pola boca. Todos os días o dragón rodeaba o castelo para que a princesa non escapase. A princesa Lúa chorou inconsolablemente suplicando ser salvada. Ningún cabaleiro conseguira derrotar ao malvado dragón. Un mago local, chamado Periquito, dixo:  "- Un Cabaleiro da Fin do Mundo chegará un día cunha armadura laranxa no seu cabalo branco e coa súa Forza, Sabedoría e Coraxe, derrotará o Dragón do pobo afastado. " A princesa Lúa seguía chorando no calabozo cando un día escoitou o grolo dun cabalo. Mirou pola fiestra e viu un brillo dunha luz. Era un fermoso cabalo branco como nunca antes o vira. Con el chegou un guapo cabaleiro, de pelo castaño e armadura laranxa. Galopou coa súa lanza para derrotar ao malvado dragón. O animal feroz tentou derrubalo, pero sen ter éxito. O Cabaleiro da Fin do Mundo gañou a batalla. Finalmente, Lúa podería ser liberada.
O mago Periquito tivera razón. A cidade distante era agora un lugar libre.   -¿Como se chama, xentil cabaleiro? Dixo a princesa Lúa moi feliz.   -O meu nome é Roi, e eu son o cabaleiro da fin do mundo. Roi e Lúa ficaron sempre xuntos. E viviron felices para sempre. E colorin colorado ... Este conto rematou.     FIN Chelo do Xastre.

sábado, 11 de enero de 2014

El entrenador de Atletismo

            O Entrenador de Atletismo
Sucedeu  nun pobo de cuxo nome non quero lembrarme , como dicía o mestre. Unha das seis rapazas do equipo de atletismo  corría todos os días por aquel paseo a beiriña do mar mentras eu ía paseniño andando o mesmo tramo, e aínda afogaba cando a poucos apuraba por medo da choiva que viña detrás, como ánima que leva o demo. Con outra das nenas quedaba aló nas rochas que unían xa a praia co pobo. Falaban, e rían....Terían daquela, trece, catorce anos. De cando en vez ían participar en competicións de atletismo fora do pobo. Gañaban moitos premios. Eran bastante boas. Calquera diría todo o que estaban a pasar estas rapazas co seu entrenador. Un home moi querido por todos. Moi valorado na súa profesión. Amigo dos seus amigos. Inimigos poucos. Poucas veces falei con el. Moi agradable, quizáis un pouco nervoso, nada máis.
            Habitacións únicas pedía para el e para as nenas. Durmía sen roupa e intentaba que elas fixeran o mesmo. Contáballes as súas experiencias nas camas de outras mulleres. Como se sentirían esas nenas  ao escoitar tales atrocidades dun home que para elas se convertera nun ogro despiado?

Unha noite unha delas, asustada, tremía, non sabía que facer. A pobre, chamou a súa nai. Medo, impotencia, vergoña, ante un corpo humillado e desfeito por unha especie de monstruo atroz e ruín. Catro anos ocultando mensaxes obscenas aos seus teléfonos, tocamentos aos seus corpos inocentes. Por fin apareceu a luz, esa parte que ía facer volver as súas vidas outra vez a nacer. Foi duro. A mentira da súa vergoña brilou en todos os periódicos. A elas non lles importaba. Estaban libres del. Declarou que a todo o que fixo non fora con intención libinidosa , que solo fora por fastidiar...Esas verbas, chegaron ao corazón dos pais destrozando todo o ser dunha persoa . Dunhas fillas que perderon a adolescencia das mans dun sádico que eles depositaron con toda a tranquilidade e con todo o cariño. Algo que o mellor quizáis nunca poderán perdoarse. A xustiza? Reducironlle catro anos. E dos oito anos que lle caeron, xa saiu en libedade. Hai dereito a isto?

                                                     Chelo do Xastre. 

CONTO-NOVELA: ALFONSIÑA DOS MEUS AMORES: CAPÍTULO I

ALFONSIÑA DOS MEUS AMORES. CAPÍTULO I

Corría o ano 1946 A emigración estaba ao día en Galicia. Manoliño do Eixo, que así o
chamaban na vila, tivera que marchar para a Arxentina a gañar os cartos, que en Galicia
non podía case nin levar dous cachos e medio de pan á boca ,nun mesmo día.  Súa nai, viúva, con tres fillas máis, doulle catro patacóns que a pobre tiña aforrado para que
Manoliño puidese sacar o billete do barco que o ía levar ao seu destino.
Xa na Arxentina, Manoliño lembraba moi ben ese día que viñera para acá, xa hai hoxe
quince anos. Baixando a costa da súa casa cunha caixa como maleta, cunha chaqueta roída polos ratos ao igual que as dobladuras do seu pantalón que lle quedaba curto, e escoitando as súas veciñas dicir:
            -Deus queira que non faga coma seu pai!
-Tes razón, que marchou para a Pampa e non volveu nunca!
 -Polo menos este non deixa catro fillos mortos a fame!
-E unha muller enferma traballando e sabe Deus en que!
Manoliño recordaba estas verbas , como se fora hoxe. El non sería coma seu pai.  Volvería a Galicia. Volvería ver a súa nai, as súas irmás.  Xuntaría cartos para o billete de volta e para mercar un barco .Iría ao mar alá no seu pobo, coma o seu avó...
Todo esto pensaba Manoliño do Eixo cando pola porta aparece unha moza loura, ben parecida, cun vestido vermello de flores amarelas, moi peiteada cunha cinta tamén vermella e dirixíndose ao noso protagonista dixolle:
-Meu Manuel Xosé (Xosé, tamén se chamaba Manoliño, xa que era o seu visabó por parte de pai),
-que façés ahí?, Pero vos non ves que imos chegar tarde , meu ben, meu tesoro, meu amor.,dixo Alfonsina, collendo a cara de Manoliño cas dúas mans e dándolle un gran bico nos seus arrugados beizos.
-Acá estaba esperando por vos, miña ruliña, meu ben. Acaba de chegar a primaveira con esas frores no seu vestido.
-Xa sabés que hoxe ven papá a coñecervos. (Tin tin tin), Soou unha música de suspense...
Manoliño aínda non coñecía ao pai de Alfonsiña. Era un terratenente con moitos cartos.  Él sabía perfectamente que non era ben recibido na familia da súa amada. Era un pobre traballador das súas terras da que a malcriada Alfonsiña, namorárase perdidamente do noso Manoliño. O pai dela, nun principio, pensou que sería un capricho da rapaza, pero non era así.

            -Que vos pasa meu amor?, díxolle Alfonsina a Manoliño con agarimo.
            -Teño medo, esto non vai a ningures, non nos apoia ninguén de acá. E se ves a  Galicia conmigo?, alá estaremos mellor..
(Tin, tin tin, ) volveu a soar esa música de suspense outra vez...
            Nooonn!!! e vos toleaches, non me fagás isto Meu Manuel Xosé. Cando decidiches iso? Agora non podés marchar!
Alfonsiña rompeu a chorar e continúou :
-          Entregueime a tí.  Manuel Xosé! Vou ter un fillo con vos!
A rapaza caeu chorando de xeonllos.( Tin/  tin  /  tin) , agora soou música como de funeral.
A cara de Manoliño tornaba  blanca.
            -Que deçís? Estades  segura? E meu?
Tirínnnnnnn,( soa música de violíns...)
O pai de Alfonsina xusto estaba entrando pola porta, cando Manoliño pronunciaba  estas verbas.
O noso protagonista quixo tragar esas palabras, que non pensou. Solamente pronunciou. Aínda que non lle dou tempo a facer nada máis. O home de pelo branco, grande e forte, colleuno polo peito e botouno a patadas da  facenda. A rapaza choraba, suplicaba polo seu amado ao seu pai, pero xa nada podía facer, polo menos , de momento.

                                     Chelo do Xastre. 



Poema mariñeiro

MARIÑEIRA SON

Mariñeira son, son, son…

Nacín ao  carón do mar na beiriña del.
Co cheirume da praia, brincando entre  nasas.

Mariñeira son, son, son…

Son neta e filla de mariñeiros.
Meu avó xa deixou o seu barco  atracado no porto.
Pola borda as súas redes meu pai xa tirou.

Mariñeira son, son, son…

Esqueletos entre as rochas ouvean nas  ondas,
Mulleres chorando porque xamais os atoparon.

Mariñeira son, son, son…

Temporais, choivas, mal tempo…
E o mariñeiro boga, boga,  sen parar.


Mariñeira son, son, son…


                   Chelo do Xastre. 

Poema de amor


Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte... !!!
O día que mire aos teus ollos,
repararei no desexo que hai
neles cando me mires...

O día que  olle  as túas mans,
fixareime no tento que con
elas poidas facerme sentir
a  fervor da que tanto dispós.

Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte..!!!

Sentir como me bicas,
docemente, lixeiramente...
Lenemente....Con suavidade,
Coma tí ben sólo sabes.

Sentir como percorres
o meu pescozo,
coa túa lingua.
Pouquiño a pouco...
Amodo...

Canto devezo mirarte, bicarte, acariñarte...!!!

Escoitar o teu folgo
mentras segues polo meu peito,
os meus seos,
coa túa lingua...amodo,
pouquiño a pouco.

Esvarando corpo a corpo,
no medio da paixón,
danzando ao mesmo son,
nunha onda de placer...

Sentir acariñándonos,
ledos de volver a xuntarnos.
Decatarnos de que estamos
sós, tí  e  máis eu,
 sen ninguén máis. ..



Canto devezo mirate, bicarte, acariñarte...!!!



                        Chelo do Xastre.          

AMOR ADOLESCENTE


                                    AMOR ADOLESCENTE

Ana esperábao día a día á tardiña. Cando escoitaba ese ruído que noutro tempo lle parecera espantoso, ía correndo  ao alpendre da súa avoa , coa saia levantada co vento, enferruxada de merenda que  a súa nai lle fixera. –Ei ven, ca súa penca na cara, a súa negra vestimenta. Desacelerando, mira para ela. Acelera. Pero non se detén. Ana sorrí. Desacelerou o seu corazón. Suspira. Mañá volverei a verte. E volta a escribir outro poema. 

                               Chelo do Xastre. 

A Soedade en Tí

A SOEDADE EN TI


Queda, tranquila, soa.
Sentada nunha cadeira branca,
ollando ao mar.

Soñei que estaba a carón de ti,
coma  dí a canción.

Aínda que no máis escuro
do meu recuncho,
penso sempre en ti.

Xa non hai cadeira,
Nin xente, nin barco.

Nin navegante; só estás ti,
 e máis eu.

Agora xa todo é de cores amarelas,
azuis…Nada é negro.

Nin gris, nin branco,
nin vermello, a cor da sangue.

Das feridas que antano me deixaron,
pero que denantes xa curaron
e non queda nada delas.

Volvín nacer. Xa morrera .
Volvín a vida.

Tres invernos munha cárcere
de amargura, de dor;
 de cores escuras.

De camiños longos sen fin.
Sen esperanzas, sen ledicias,
sen amor.

Tres invernos fríos, chovendo,
orballando,xeando,ventando.

Camiñando sen roupa.
Por esas rúas, núa, desvestida
pola nube negra.

Buscando a primaveira,
a  ledicia, o sorriso, o desafogo.

 Procurar  o alento dunha folla que
se pousa  na sombra dunha árbore.

Buscando o verán,
O relucinte sol que decora
os nosos corpos.

As noites estreladas,
A lúa chea, a festa, as luces…

¡Que ledicia volver
outra vez a nacer!


Chelo do Xastre.

FINISTERRAE

                                

                                   FINISTERRAE


Érase  unha vez un pobo tan, tan fermoso que explicalo con palabras case non sei. 
Ficaba  tan lonxe, que a maioría da xente dicía que o fin da terra era. 
Rodeábao o mar por todas partes agás por unha.
 Era bravo, terrible. 
De cando en vez devoraba a máis  de catro persoas que  se portaban mal con Deus. Aínda así, todo o mundo quería ir alí. 
Onde  o mar se xuntaba co ceo éste se unía co sol ao chegar a tardiña.
Finisterrae era o nome do pobo de  Ximena, princesa de Castela, protagonista desta historia, que eu como trobador que son, hoxe vos quero relatar:
 De castelo en castelo ando errante desde ben mozo. 
Historias escoito de amor e desamor, de aventuras, infortunios... Bechos raros;
 sen resolver algúns misterios…
 Dragóns  enormes con bocas cheas de lume que loitan con cabaleiros indestrutibles…
 A historia que hoxe aquí conto, data de hai moitos anos, reinando Felisardo de Castela.
 Finisterrae era un pobo moi visitado por todo o mundo.
Viña xente de todos os lugares:portugueses, peregrinos ingleses... Non solo polo bonito que era, senón pola riqueza do seu mar en peixes.
 Por iso tiña unha boa flota de barcos pesqueiros. Así o rei de Castela  a vivir aquí viñera  para  todos os cartos manexar e dar contas o clero.
Así, a pobre e desdichada Ximena, filla do Rei, foi como se namorou dun valoroso,humilde e pobre mariñeiro chamado Cúspulo.
 Aínda que  o seu destino non era máis que casarse cun cruel e ruín cabaleiro coñecido como Tiburcio de Ourense.
    Cúspulo, o outro gran protagonista da nosa historia,  non era un pobre mariñeiro como pensaba  todo o mundo  na vila.
 Era todo un poeta, que ademais soñaba ser un gran cabaleiro, e loitar cos Irmandiños algún día.
 Tiña un sitio agochado onde compoñía os seus versos e  practicaba a súa loita ca espada.
  Ás veces levaba algunha doncela  que caía nos seus brazos. Pero ningunha o namorara tanto como Ximena. 
Ademais a ela atopáraa alí, no seu recuncho, chorando nunha mañá  de temporal na que él non poidera ir navegar:
-¿Qué vos pasa, fermosa doncela. ¿Por qué chorades? Preguntoulle Cúspulo. 
-Sen rumbo navego por este Mar que á morte me leva.  Contestoulle Ximena, con gran
melancolía. 
Esas foran as súas primeiras verbas .Sen saber que eran o principio do fin.
 Dun gran amor que comezou cunhas bágoas. Despois levaríanos a paixón ,seguido da luxuria e
 finalmente  o escándalo dun  gran amor imposible.
O recuncho que tiñan os namorados, chamábase O Berrón.  Era un sitio moi xeitosiño.Había unha rocha grande onde se vía como o mar batía nela, unha e outra vez.Semellaba que lle estaba dando bicos. Esa rocha tiña  forma de un lagarto xigante, víase como unha cabeza
e unhas  patas. Era incrible. ¡Era fascinante!
Esperando estaba Cúspulo por Ximena mentras compoñía este soneto:            

 Mariñeiro son, e navego sen brazos,            
sen esperanza, sen rumbo xa ando 
agardando nun niño sen engano,
con tormento vivo sen os teus beizos.

 Dos teus fermosos cabelos me lembro;  
cas miñas pobres mans pouco a pouco            
palpo o teu fermoso  corpo tan louco;            
e cas miñas mans bícote un ombro.
         
  Este amor imposible vaime matar, 
sen ela un desgraciado sempre serei;
navío non teño, Rei non podo ser.

 Por amor malpocado vou afogar,
 ¡ai!, a miña vida por ela darei,
 o remate da  lúa hai que morrer.
     
     
     Cando  Ximena ao seu carón chegou, tiña cara  triste e comezou  chorar igual que cando
 a vira por vez primeira. Pero aquela  fóra porque o pai a obrigábaa a casar con Tiburcio
de Ourense.
 Aínda  que súa irmá, Erfelita, que non era moi agraciada , cativa, e sen graza;ofrecérase  a casar con el.
  As bágoas de Ximena,  polo mesmo volvían ser.
Cando Tiburcio chegou e viu a súa prometida, a Erfelita,  negouse con ela casar.
Non pasa nada,   Felisardo dixo.  Farase a  voda , coma  previsto estaba:
No mes de  Marzo e ca princesa  Ximena.
 Aló o fondo, nuns banquetes onde  sentadas todas as mulleres da familia colocadas estaban,
unha das fillas do Rei desmaiouse e a outra  chorando marchou.
  -¡Fuxiremos!, dixo Cúspulo, cando ela  o sucedido lle contou.
-¿Adonde, meu señor, non pode ser, non ves que o exército do meu pai seguiranose matándovos  acabará?
 -Antes morto, que vivir sen vos señora miña. 
Sen os vosos  beizos. Enfermo de amor ando.
Quérovos.  Namorado de vos estou . Sen vos xa non sabería vivir.
Penso na súa boca, como me fala, o fermosa que é cando me fai rir. Nos seus ollos, azuis, coma o mar que me leva e me trae todos os días.
 O que ollamos os dous cando estamos neste recuncho tan fermoso cando nos amamos.
Non quero pechar os  ollos se  non  vos van ver máis; nin quero xuntar as miñas mans senque as nosas xa non estean dentro delas.
 Non quero abrazarvos e que non esteades comigo dentro Ximena. 
Se non vos podo ter, eu mátome aquí mesmo.
 - ¿Que di ,meu señor?
- Sodes o meu Sol, a miña Lúa, a quen eu máis adoro.
 ¿Se vos ides? ¿Adonde iría eu?  
Vagaría sen rumbo toda a miña vida coma un navío sen destino. 
Antes de coñecervos pasaba noites escuras e longas sen sentido.
 Agora todo cambiou.
 Vos sodes a luz que alumea a miña vida. Sen vos nada son. É o meu destino.
 -Pois daquela o meu destino debe ser este Ximena: morrer por vos.
 -¡Non, por Deus, Cúspulo!
 O namorado, con moito pesar , cunha última mirada á muller da súa vida e cunha bágoa de
tristeza na súa meixela, fixo o amago de tirarse polo barranco do  recuncho no que tanto tempo estivera ca súa amada…
 Cando de repente Ximena gritou e dixo :
 –¡Espera! que vou con vos.  Quero cambiar ese destino. 
 Xa que non puido vivir con vos ,  morrer si podo.
 Así que os dous uniron as súas  mans, e esta vez sí, con bágoas, pero de ledicia, déronse un
gran bico e… 
Tiráronse ó bacío polo acantilado… 
  Así acaba a miña historia de dous amantes que non puideron loitar co seu amor nunha
sociedade de donas e cabaleiros , de cartos e peixes, que afogaron nun mar de rochas sen fin,sen esperanza.
                                                FIN
       

            Chelo do Xastre