A SOEDADE EN TI
Queda, tranquila, soa.
Sentada nunha cadeira
branca,
ollando ao mar.
Soñei que estaba a carón de ti,
coma dí a canción.
Aínda que no máis escuro
do meu recuncho,
penso sempre en ti.
Xa non hai cadeira,
Nin xente, nin barco.
Nin navegante; só estás ti,
e máis eu.
Agora xa todo é de cores amarelas,
azuis…Nada é negro.
Nin gris, nin branco,
nin vermello, a cor da
sangue.
Das feridas que antano me deixaron,
pero que denantes xa
curaron
e non queda nada delas.
Volvín nacer. Xa morrera .
Volvín a vida.
Tres invernos munha cárcere
de amargura, de dor;
de cores escuras.
De camiños longos sen fin.
Sen esperanzas, sen
ledicias,
sen amor.
Tres invernos fríos, chovendo,
orballando,xeando,ventando.
Camiñando sen roupa.
Por esas rúas, núa, desvestida
pola nube negra.
Buscando a primaveira,
a ledicia, o sorriso, o desafogo.
Procurar o alento dunha folla que
se pousa na sombra dunha árbore.
Buscando o verán,
O relucinte sol que
decora
os nosos corpos.
As noites estreladas,
A lúa chea, a festa, as
luces…
¡Que ledicia volver
Chelo do Xastre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario